No proxecto "O que Somos", cada ano, os alumnos/as do Centro Andaina elixen unha temática común en torno á que se identifican. Aproveitan este momento de elección para traballar principios democráticos que entroncan co noso ideario como a participación crítica, a argumentación razoada das propostas polos propios nenos/as, o respecto polas opcións distintas da propia e finalmente a votación.

10/5/2006

QUE É?

O proxecto "Que somos" consiste en que cada ano, os nenos do Colexio eleximos varios temas para estudar, disfrazarse e representalos en Entroido. Facemos unha votación tódolos do cole entre os tres temas finalistas nunha furna, tendo en conta que ten que ser para tódalas idades. O tema máis votado divídese en subtemas para poder representalos en Entroido.

Cando chega o Entroido, disfrazámonos de cada subtema, pero cada aula diferente.
Antes deste día, as aulas fan os seus propios disfraces. Aos pequenos fanllos os seus pais e os maiores fanos eles.

Cada aula fai unha pequena actuación para demostrar o que son, o que aprenderon... Despois destas demostracións hai un pequeno tentempé onde bailamos, comemos, falamos...

4 Comentarios:

Anonymous Dixo...

Ola chicos de 2º da eso. Gustounos moito o voso traballo de somos.
Mañan a votar todos e todas!!!!!
Li e Luis

10:24 AM

 
Anonymous Dixo...

Felicidades polo voso travallo esta moy ven todo, gustounos moito seguide asi que estades facendo moy bo traballo para todo o colexio ¡¡¡sorte!!!

10:51 AM

 
Anonymous Dixo...

Esta moi ben e queremos felicitaros polo boso esforzo. ¡segide asi!

10:52 AM

 
Grupo 2 - 2º ESO Dixo...

Moitas grazas polos vosos comentarios e agradecémosvos moito o voso apoio.

12:43 PM

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home