No proxecto "O que Somos", cada ano, os alumnos/as do Centro Andaina elixen unha temática común en torno á que se identifican. Aproveitan este momento de elección para traballar principios democráticos que entroncan co noso ideario como a participación crítica, a argumentación razoada das propostas polos propios nenos/as, o respecto polas opcións distintas da propia e finalmente a votación.

11/3/2006

DESPEDIMOS A CIENCIA FICCIÓN EN INFANTIL


Os amigos e amigas de infantil xuntáronse para despedir a temática ``ciencia ficción´´ facendo unha representacion axudados dun meteorito e unha nave espacial. ATA LOGO ROBOTS, NAVES, EXTRATERRESTES, CIENTÍFICOS, FUTURAMA, REGRESO AO FUTURO, 20.000 LEGOAS DE VIAXE SUBMARIÑA, ETC...

Para presentar a nova temática ``países do mundo´´ fixeron unhas bandeiras e dixeron OLA nos respectivos idiomas e, para finalizar, contaron un conto dunha nena africana. BENVIDOS ANIMAIS DO MUNDO, BRASIL, MÉXICO, TUVALÚ, ITALIA, XAPÓN...

2 Comentarios:

Anonymous Dixo...

Hi my friends. Aqui la gente de 1º estamos mirando vuestro bloc... arnajado sexa o demonio, cantos recordos nos veñen a cachola, bye, gracias.

10:07 AM

 
Anonymous Dixo...

que chulada,son amigo do cole esta xenial .

8:30 PM

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home