10/25/2006
10/11/2006
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
¡¡¡Xa temos os resultados das votacións!!!
-Número de votos: Países do mundo: 88
-Número de votos: Deportes: 29
-Número de votos: Roma: 45
10/10/2006
A EXPOSICIÓN
Este ano os nenos de quinto de primaria escolleron as temáticas coma tódolos anos; logo foron de aula en aula expoñendo o seu traballo. Finalmente, realizaron unha exposición no corredor. Vale a pena vela porque ten de todo: debuxos, carteis, etc... e pode axudar na difícil tarefa de decidir o voto...

10/09/2006
AVISO SOBRE A VOTACIÓN
O VINDEIRO 11 DE OUTUBRO TERÁN LUGAR AS VOTACIÓNS PARA ESCOLLER O PROXECTO QUE IMOS LEVAR A CABO ESTE ANO.
OS TRES TEMAS FINALISTAS SON:
- DEPORTES
- PAÍSES DO MUNDO
- ROMA
¡¡AGORA TÓCAVOS ESCOLLER UN DELES, O QUE MAÍS VOS GUSTE.!!
SE POR ALGÚN MOTIVO NON PODEDES VIR AO COLEXIO ESE DIA, NON TEÑADES MÁGOA, XA QUE IMOS SEGUIR RECOLLENDO OS VOTOS ATA O 16 DE OUTUBRO.
LEMBRADE QUE CADA VOTO É IMPORTANTE, POIS TODOS IMOS PARTICIPAR NESTE PROXECTO.
UN SAÚDO DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º DE ESO
O PROCESO DE VOTACIÓN: PREGUNTAS E RESPOSTAS
__¿Quen introduce o voto na furna?
***O presidente da mesa (membro de 1º E.P.O.).
__¿Quen serán os secretarios?
***Dúas persoas de 2º de E.P.O.
__¿Permítese facer campaña?
***Non, pero permitirase poñer publicidade nos taboeiros de aula e nos cristais do pasillo (5 carteis máximo por aula).
__¿Por que ten que ser algo serio?
***Porque todo o mundo participará neste proxecto.
__¿O voto é segredo?
***Será unha cousa opcional (haberá un biombo para a xente que queira votar en segredo)
__¿Quen estará na mesa?
***Unha persoa de 1º de E.P.O, 2 de 2º de E.P.O. (por ciclo). Terá que haber un suplente obrigatorio.
10/05/2006
QUE É?
O proxecto "Que somos" consiste en que cada ano, os nenos do Colexio eleximos varios temas para estudar, disfrazarse e representalos en Entroido. Facemos unha votación tódolos do cole entre os tres temas finalistas nunha furna, tendo en conta que ten que ser para tódalas idades. O tema máis votado divídese en subtemas para poder representalos en Entroido.
Cando chega o Entroido, disfrazámonos de cada subtema, pero cada aula diferente.
Antes deste día, as aulas fan os seus propios disfraces. Aos pequenos fanllos os seus pais e os maiores fanos eles.
Cada aula fai unha pequena actuación para demostrar o que son, o que aprenderon... Despois destas demostracións hai un pequeno tentempé onde bailamos, comemos, falamos...
QUE SOMOS: A HISTORIA
O proxecto "Que somos" existe en Andaina dende sempre, pero... quen coñece a historia?
Despois de pescudar encontramos os temas que se elixiron a partires do ano 94/95 e algunhas subtematicas.
Ano 94/95 --> Os Oficios
Deste ano non hai fotos, pero sabemos algunhas subtematicas: policías, panadeiros, músicos, bombeiros...
Ano 95/96 --> Os Animais
Deste ano tampouco hai fotos coma no caso anterior, pero temos algunhas subtemáticas: elefantes, monos, exploradores, leóns...
Ano 96/97 --> O Universo
Deste ano hai fotos xerais das subtemáticas: extraterrestres, arco da vella, estreliñas, lúas, nubes e soles.



Ano 97/98 --> A Auga
Hai algunhas fotos e sábense tódalas subtemáticas: a Praia, as gotas, o río, as fontes, a piscina, a charca, o mar.
98/99 --> Os deportes
Este ano fomos os deportes (este ano tamén podemos ser os deportes -.-). El Ideal fixo unha noticia que ven sobre estas lineas.

As subtematicas foron: tenistas, atletas, patinadores, montañeiros, ciclistas, xinetes.
99/00 --> A Coruña
Deste ano non hai moita informacion.
Subtemáticas: a torre de hercules, aquarium.
------------------------------------------------------------------------------------------------
CAMBIAMOS DE COLE
------------------------------------------------------------------------------------------------
00/01 --> O Circo
Cambiamos de cole e o estreamos un circo.
Había poucas clases e poucas subtemáticas: trapecistas, equilibristas, paiasos, magos.
Ano 01/02 --> A Fraga
Deste ano hai tamén poucas subtemáticas e poucas clases: o río, as fadas, os gnomos, os trasnos e os animais.
Ano 02/03 --> O Castelo
Este é ano do que temos máis fotos, traballamos moito.
Subtemáticas: magos, bufóns, ferreiros, arqueiros, cabaleiros.



Ano 03/04 --> Os debuxos animados
Todas as clases disfrazáronse de series de debuxos animados como: Pokémon, la banda del patio, a sereíña, os pitufos...
Ano 04/05 --> As olimpiadas
Non hai fotos pero sabemos tódalas subtemáticas: xoquei sobre herba, voleibol, tenis, triatlon, baloncesto, esgrima, equitación, natación e patinadores.
Ano 05/06 --> Ciencia ficcion
A xente encarnou personaxes das películas máis famosas de ciencia ficcion: regreso ao futuro, a volta ao mundo en 80 días, Star wars, futurama, X Men, 20.000 leguas de viaxe submarino.
Que seremos este ano? e o próximo? Ata outra edicion de "A historia do proxecto que somos".
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
Martes 26 de Setembro-> 5º presenta os temas.
-Países do mundo
-O quiosco
-A prehistoria
-A selva
-Roma
-Os deportes
Luns 2 do Outubro-> elección de 3 temas nas aulas
5ºEPO: Países do mundo-Roma-A prehistoria
6ºEPO: Países do mundo-Roma-Os deportes
1ºESO: Roma-Países do mundo-Os deportes
2º ESO: Roma-Países do mundo-Os deportes
Martes 3 de Outubro-> Xunta de representantes
Dous representantes das aulas de 5º EPO (Rus e Isaac), 6º EPO (Frida e Miriam) , 1º ESO(Alejandra e Álvaro Rúa) e 2º ESO (Miguel e Mateo) reuníronse para poñer en común os tres temas que se elexiron en cada unha das súas aulas. Votaron e falaron das diferentes subtemáticas que quedaron finalistas:
- ROMA:
Foi un gran imperio que pertencia a italia central. Extendeuse por Europa e parte de Asia; máis tarde dividiuse e caeu.
Subtemáticas:
- Gladiadores
- O pobo
- Emperadores
- Lexionarios
- Cidades
- Conquistas
- Construcións
- Deuses
- Centurións
- Mitoloxía
- Cultura
-PAÍSES DO MUNDO:
Este tema serve para poder aprender xeografía e que os nenos pequenos aprendan que hai diferente xente no mundo e que non todos teñen que comer e así todos os cursos podemos aprender algo desta temática que ten moitas subtematicas como:- Francia
- Cuba
- India
- Mexico
- Italia
- Australia
- Eeuu
- Alemania
- China
- Rusia
- Xapon
- Arxentina
- OS DEPORTES (NON OLÍMPICOS):
Foron elixidos os non olímpicos porque anteriormente xa foran elixidos os olímpicos. Os deportes non olímpicos elixidos son:- Surf
- Skate
- Snowboard
- Piragüismo
- Fórmula I
- Moto GP
- Escalada
- Rafting
- Paracaidismo
- Subarinismo
- Caza
- Pesca










