No proxecto "O que Somos", cada ano, os alumnos/as do Centro Andaina elixen unha temática común en torno á que se identifican. Aproveitan este momento de elección para traballar principios democráticos que entroncan co noso ideario como a participación crítica, a argumentación razoada das propostas polos propios nenos/as, o respecto polas opcións distintas da propia e finalmente a votación.

2/14/2007

FESTA DOS CHOQUEIROS


Como cada ano, abrimos a celebración do Entroido no noso Centro coa popular festa de choqueiros. É esta unha festa tradicional consistente en ataviarse con roupa vella ou desigualmente combinada de maneira que o noso aspecto quede ridículo ou extravagante. Consiste en rirse primeiro dun mesmo e logo cos demais.