No proxecto "O que Somos", cada ano, os alumnos/as do Centro Andaina elixen unha temática común en torno á que se identifican. Aproveitan este momento de elección para traballar principios democráticos que entroncan co noso ideario como a participación crítica, a argumentación razoada das propostas polos propios nenos/as, o respecto polas opcións distintas da propia e finalmente a votación.

3/06/2007

FESTA DE ENTROIDO DE INFANTIL

O venres 16 as 10:00 da maña tivemos ocasión de asistir a festa dos nenos e nenas da etapa de infantil. Este ano co proxecto dos países do mundo eles decidiron ser os animais do mundo e relacionaron cada animal de cada aula cun pais das aulas dos maiores.

En concreto os nenos de 2 anos son as bolboretas do Brasil, os de 3 anos as tartarugas de Tuvalú, os de 4 anos as xirafas de Etiopía e os de 5 anos os canguros de Australia.

A festa estivo guiada polo galo Valentín que nunca estivera nun Entroido e nunca se disfrazara co que decidiu irse de viaxe polo mundo visitando os países que somos e nesa viaxe atopouse cos animais das aulas de infantil. Estes animais ao longo da festa lle ían regalando unha cousiña para o seu disfrace: as bolboretas lle agasallaron cunhas alas moi fermosas, as tartarugas cunha cuncha moi dura, as xirafas cunhas manchiñas de cores e os canguros cun rabo.

Ademais destes agasallos cada aula preparou a súa canción relacionada co animal que eran e a cantaron e representaron moi ben.

Ao finalizar a festa todos bailamos xuntos cancións de Entroido e comemos rosquillas e orellas.


3 Comentarios:

Anonymous Anónimo Dixo...

Vós si que sabedes pasalo ben!!

12:23 PM

 
Blogger leco Dixo...

Que disfraces tan bonitos! Quen volvera a eses anos. Parabéns polo blog. Grazas a el podemos saber moitas das cousas que facedes día a día.

1:22 AM

 
Anonymous IRIS Dixo...

¡QUE BONITOS¡

6:29 PM

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home