Ámbito deportivo

Co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da motricidade en xeral, a flexibilidade, a expresión corporal, a creatividade, a coordinación, o sentido do ritmo… a través da iniciación a distintos deportes tanto individuais como de equipo: tenis, baloncesto, natación, ximnasia rítmica, etc.

Ámbito científico-ambiental

Actividades de descubrimento e representación do mundo que nos rodea, facendo especial fincapé nos valores medioambientais e de sustentabilidade. Atopamos aquí actividades de contacto directo co medio natural como o horto da Xoaniña ou de corte tecnolóxico como programación-robótica.

Ámbito artístico

Orientado á expresión de ideas e sentimentos a traveso das diferentes artes: teatro, pintura, música, danza, na busca de mellora da capacidade creativa e comunicativa. Potenciando o desenvolvemento musical a través da especialización nun instrumento (violín, piano, guitarra…).

Ámbito humanístico

Centrado no traballo de aspectos lingüísticos e sociais a traveso dun contexto lúdico e integrando distintos medios de comunicación en actividades como games in english ou Cambridge English.