O momento do xantar comporta unha importante labor educativa, pois é un capítulo con entidade propia no proxecto educativo. A atención dos nenos/as neste momento recae en persoal educativo que entende o xantar como un momento de encontro, relaxado e distendido.

Traballamos co fin de acadar uns obxectivos que consideramos fundamentais, como son:

  • Desenvolvemento de hábitos alimentarios saudables
  • Aceptación por parte dos alumnos/as dunha dieta variada
  • Aprendizaxe das habilidades e normas relacionadas con este espazo
  • Hixiene
  • Autonomía
  • Responsabilidade
  • Relación social no contorno do comedor

Cada curso escolar, revisamos os menús, para o que contamos co asesoramento de dietistas, adecuándonos ás características das estacións do ano e aproveitando os produtos que nos oferta cada unha delas. Existe un menú adaptado para alumnos/as con intolerancias ou alerxias alimentarias.

Liñas que diferencian o comedor escolar de Andaina:

  1. Produtos de primeira calidade. Buscamos produtos frescos, de tempada e de provedores locais (verduras, froitas, peixe, carnes). Empregamos en exclusiva de aceites de oliva virxe extra e evitamos graxas hidroxenadas ou saturadas. Fariñas de espelta, Pan de peso con elaboración lenta.
  2. Concepción do momento do xantar como un momento de comunicación entre o alumnado. Traballo de autonomías, facéndoos partícipes e responsabilizándoos neste espazo, establecendo, por exemplo, responsables de mesa que colaboran para facer máis cómodo este momento.
  3. Equipo humano de persoal educativo cualificado en coherencia co proxecto educativo, o que permite seguir traballando na mesma liña metodolóxica e de convivencia empregada na aula.