Gabiente de orientación

Formado por un equipo multidisciplinar de profesionais que reflexiona e innova permanentemente sobre os modos de levar a cabo a orientación e a práctica educativa no centro, anticipándose así ás necesidades sociais.

Está ao servizo do centro, das familias, do alumnado e dos docentes, que son os primeiros que valoran as necesidades, e orientan na súa relación directa coa comunidade educativa.
A prevención e o desenvolvemento integral da totalidade da comunidade educativa é a prioridade, xa que todos temos, nalgún momento da nosa vida, necesidades educativas especiais.

Que facemos?

  • Asesorar e coordinar á comunidade educativa, especialmente ao profesorado, ofrecéndolle materiais e soporte técnico para desenvolver Plans Educativos na aula.
  • Asesorar, impulsando a participación do profesorado, en programas de investigación e innovación educativa.
  • Propoñer e deseñar programas de intervención de atención temperá e prevención de dificultades para o conxunto do alumnado.
  • Colaborar na detección de necesidades educativas no alumnado, participando na avaliación psicopedagóxica e no deseño de medidas de atención á diversidade.
  • Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos.
  • Facilitarlle ao alumnado e ás familias apoio e asesoramento para enfrontar situacións escolares de maior dificultade.
  • Coordinarnos con outros profesionais externos, servizos ou institucións establecendo accións e pautas coordinadas e conxuntas.

Cinco razóns...

  1. Damos prioridade á prevención e ao desenvolvemento integral da totalidade do alumnado.
  2. Todos temos nalgún momento da nosa vida necesidades educativas.
  3. Reflexionamos e innovamos permanentemente sobre os modos de levar a cabo a orientación e a práctica educativa, anticipándonos ás necesidades sociais.
  4. Estamos ao servizo do centro, das familias, do alumnado e, sobre todo, dos docentes, que son os primeiros que valoran as necesidades e orientan na súa relación directa coa comunidade educativa.
  5. Tomamos decisións nun equipo de profesionais multidisciplinar (psicopedagoxía, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe...).