O colexio Andaina atopase no monte de A Zapateira no Concello de Culleredo, nunha zona de confluencia de varios concellos (A Coruña, Oleiros, Cambre e Arteixo). Isto permítenos unha rápida comunicación dende distintos puntos, ó tempo que estamos situados en plena natureza.

O Edificio é unha construción nova e moderna, inaugurada no curso 2000-2001. O seu deseño realizouse pensando sempre na función que ía a desempeñar cada aula e cada espazo, tendo en conta as necesidades futuras. As aulas do centro superan os m2 mínimos establecidos por lei e están adaptadas ás necesidades dos alumnos e alumnas das diferentes etapas en función da súa evolutiva. Profesionais do ensino, da construción e da decoración xuntáronse co obxectivo de combinar criterios de funcionalidade, seguridade e estética.

O colexio consta de dous edificios independentes rodeados de espazos exteriores: o edificio principal e o edificio anexo da Escola Infantil. O edificio principal distribúese en tres plantas que dan cabida a todas as necesidades da nosa comunidade educativa. O edificio da Escola Infantil e de planta baixa e está equipado con tódolos elementos necesarios para atender ao alumnado destas idades.