O CPR Plurilingüe Andaina conta cun servizo de madrugadores que permite conxugar as necesidades do alumnado coa necesaria conciliación laboral das súas familias. O servizo funciona en horario de 08:00 a 09:00 da mañá, permitindo entradas flexibles ao longo dese período. Pode incluír almorzo.

A alta neste servizo de madrugadores ten carácter mensual, existindo a posibilidade de facer uso do mesmo en días soltos, avisando previamente na secretaría do centro. 

Do mesmo xeito, ao remate da xornada existe a posibilidade de "ampliación horaria" no centro escolar, entre as 16:00 e as 17:15. É un tempo de xogo libre e tranquilo onde dispoñen dun pequeno petisco durante a sesión.