
MISIÓN
A nosa misión é a educación e formación das persoas en todos os ámbitos da vida, acompañándoas na súa aprendizaxe para ser cidadáns/ás comprometidos/as e responsables mediante un proxecto innovador e baseado na cultura cooperativa.
Coa inquedanza de liderar un proxecto educativo de calidade, constituímonos no ano 1987 xestionando unha Escola Infantil Municipal. No ano 2000, ampliamos a actividade coa construción do actual centro de Educación Infantil, Primaria e Secundaria no concello de Culleredo.
Dende entón, a cooperativa Andaina foi diversificando e ampliando as súas actividades dentro do sector da educación, formación e lecer.
Actualmente desenvolvemos servizos e actuacións nos ámbitos do ensino regrado, formación e asesoramento do profesorado, ocio e tempo libre: campamentos de verán, formación e asesoramento integral docente e cooperativo ou estadías no estranxeiro son algunhas das nosas actividades diferenciais.
VALORES
Os valores polos que nos rexemos...
- Participación democrática e responsable mediante o compromiso e a cooperación.
- Cultura profesional, construída a través da formación e do intercambio de experiencias nun contexto creativo.
- Sentido crítico, entendido como capacidade de reflexión e comunicación, partindo da avaliación individual e colectiva co obxecto da mellora continua.
- Compromiso coa realidade social, cultural, económica, tecnolóxica e lingüística, respectando as diferenzas e aprendendo delas.
- Pedagoxías construtivistas e innovadoras que desenvolvan competencias funcionais.
PRINCIPIOS COOPERATIVOS
- Adhesión libre e voluntaria
- Xestión democrática
- Participación económica
- Autonomía e independencia
- Educación, formación e información
- Intercooperación
- Compromiso coa comunidade