CANTIGAS DE AMIGO

“Cantigas de Amigo: namorados no Solpor” é un proxecto de proxectos, pois está desenvolvido ao longo do curso escolar de xeito transversal e vai medrando coas necesidades emerxentes que marca o alumnado; o docente é un facilitador non experto.
Neste vídeo podedes ver o proceso de traballo:
  

O vídeoclip que podedes ver a continuación elaborouse coa axuda de Gingko-Comunicación (Roi e María)

Na última fase do proxecto, no momento de pechalo, o alumnado sentiu a necesidade de compartir o traballo desenvolvido dende inicios de curso: alumnas e alumnos quixeron contribuír como cidadáns á súa comunidade. Para darlle corpo a esta inquedanza, organizouse a Presentación da Cantiga Namorados no Solpor.

O pasado 24 de maio celebrouse na Biblioteca Durán Loriga un acto aberto á comunidade na que o alumnado de 6º EI A fixo entrega da Cantiga Namorados no Solpor ás responsables da institución para que a compartiran cos usuarios da biblioteca. Previo a entrega, o alumnado presentou varios audiovisuais nos que mostrou o traballo desenvolvido con Xaneco Tubío, Yolanda Castaño, Pablo Díaz, Emile Gireau e Gingko, especialistas que acompañaron e orientaron durante os diferentes obradoiros de elaboración da cantiga de amigo (obradoiro de xoguetes sonoros, obradoiro de poesía, obradoiro musicando unha cantiga, obradoiro de escultura, ...)

Decidimos presentar este proxecto á edición 2017 do Certame do Cooperativismo no Ensino. Aquí deixamos a Memoria de Traballo, que de seguro complementa o que quixemos comunicar coas imaxes.