Obradoiro de arte con Refugallo

Despois de recoller lixo na praia das Lapas, de clasificalo, de conversar sobre a procedencia, sobre o impacto..., as aulas de 6ºEI realizamos un obradoiro da man de MAREA BAJA

Reutilizando o material recollido polo alumnado e familias durante o nadal nas praias do contorno, tranformámolo en "obras de arte”.

Previamente, Álvaro (o especialista) montou unha exposición coas súas obras na entrada do colexio para goce de toda a comunidade educativa.