Gabiente de orientación

Equipo multidisciplinar de profesionais ao servizo do alumnado, familias e docentes. Os titores e titoras son os primeiros que detectan necesidades dentro das aulas e dende o departamento se orienta, apoia e asesora nos diferentes procesos en base ás multitudes de variables que xorden no día a día das aulas. É o eixo principal a nivel pedagóxico que permite manter a coherencia do proxecto educativo ao longo de toda a vida escolar do alumnado.


A prevención e o desenvolvemento integral da totalidade da comunidade educativa é a prioridade, xa que todos temos necesidades educativas diferentes.

  • Asesorar e coordinar á comunidade educativa, especialmente ao profesorado, ofrecéndolle materiais e soporte técnico para desenvolver Plans Educativos na aula.
  • Asesorar, impulsando a participación do profesorado, en programas de investigación e innovación educativa.
  • Propoñer e deseñar programas de intervención de atención temperá e prevención de dificultades para o conxunto do alumnado.
  • Colaborar na detección de necesidades educativas no alumnado, participando na avaliación psicopedagóxica e no deseño de medidas de atención á diversidade.
  • Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos.
  • Facilitarlle ao alumnado e ás familias apoio e asesoramento para enfrontar situacións escolares de maior dificultade.
  • Coordinarnos con outros profesionais externos, servizos ou institucións establecendo accións e pautas coordinadas e conxuntas.