O CPR Plurilingüe Andaina conta cun servizo de madrugadores que permite conxugar as necesidades do alumnado coa necesaria conciliación laboral das súas familias. O servizo funciona en horario de 08:00 a 09:00 da mañá, permitindo entradas flexibles ao longo dese período. Pode incluír almorzo.

A alta neste servizo de madrugadores ten carácter mensual, existindo a posibilidade de facer uso do mesmo en días soltos, avisando previamente na secretaría do centro. Existe tamén a posibilidade de dispoñer de servizo de transporte escolar sempre que haxa praza e parada establecida na ruta.

Do mesmo xeito, ao remate da xornada existe a posibilidade de merenda no centro escolar, entre as 16:00 e as 16:30. Este servizo está incorporado en tódalas extraescolares, podendo o resto de familias empregalo de xeito habitual ou en días soltos.