Transporte escolar

Este servizo está xestionado externamente por Autocares Vázquez, realizándose dende o centro unha labor de supervisión de itinerarios e horarios. Ao tempo que se traballa de xeito coordinado na operativa do servizo, as normas de uso, estilo de relación co alumnado e de resolución de conflitos responden á liña educativa do centro e están en sintonía coa concepción e traballo de convivencia do mesmo.

O servizo de transporte dispón de acompañante en tódalas rutas, que permanece cos nenos/as ata que estes entran no colexio ou quedan coa familia.

Tódolos autobuses compren a normativa vixente e contan con cadeiras homologadas para os nenos/as menores de tres anos.

Ruta de transporte para o curso 2023-2024