Validación
Usuario
Contrasinal
Axenda
<setembro de 2010>
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
  Nova

PREMIO COOPERATIVISMO NO ENSINO 2010

Como xa sabedes un dos piares fundamentais do noso proxecto educativo é o emprego de metodoloxías constructivistas nas aulas que permitan traballar co alumnado do centro dende un enfoque de aprendizaxe cooperativa.

Dende hai xa uns anos, como cooperativa de ensino que somos e en coherencia co noso enfoque pedagóxico, vimos participando na convocatoria de “Cooperativismo no Ensino” promovida pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Cooperativas.

No actual curso escolar, o centro participou con un proxecto por cada unha das etapas que se imparten no colexio:

- “Creamos unha máquina teletransportadora”. Etapa de Educación Infantil.

- “Proxecto interetapas: equipos cooperativos titorizados. Elaboración de vídeos publicitarios”. Alumnado de 3º de Educación Primaria coa participación de alumnos de Informática de 4º de Educación Secundaria.  

- “Libro-blog de sexualidade: un proxecto cooperativo das áreas de titoría e cidadanía”. Alumnado de 2º de Educación Secundaria.

Xa a piques de rematar o curso, compráceme comunicarvos que recibimos a felicitación persoal do Director Xeral polos tres proxectos presentados e a comunicación oficial de que o proxecto presentado pola etapa de primaria recibiu o 1º Premio na súa categoría.

Noraboa a tódolos alumnos e alumnas das diferentes etapas que coa súa implicación e esforzo fan posible a realización destes proxectos nas aulas.


Diseñado y soportado por V-Mann S.L.