O momento do xantar comporta unha importante labor educativa sendo un capítulo con entidade propia no proxecto educativo. A atención dos nenos/as neste momento recae en persoal educativo que entende o xantar como un momento máis do proceso de aprendizaxe. É un momento de encontro, diálogo e distendido sen esquecer a importancia dunha boa alimentación.
O obxectivo é ir desenvolvendo ao longo da escolarización diferentes competencias e habilidades en función da evolutiva, como son:
- Desenvolvemento de hábitos alimentarios saudables
- Aceptación por parte dos alumnos/as dunha dieta variada
- Aprendizaxe das habilidades e normas relacionadas co xantar
- Hixiene persoal e xeral no comedor
- Autonomía e responsabilidade
- Boa xestión das relacións sociais
Cada curso escolar, revisamos os menús, para o que contamos co asesoramento de nutricionistas, adecuándonos ás características das estacións do ano e aproveitando os produtos que nos oferta cada unha delas.
O comedor escolar no centro dispón de cociña con persoal propio que realiza as funcións de compra dos produtos, elaboración das comidas do menú xeral, menú de dietas e alerxias e dende o actual curso dispoñemos do menú para unha dieta ovo-lácteo-vexetariana para o alumnado.
Dispoñemos de especialistas para a elaboración das dietas, alerxias e intolerancias evitando posibles contaminacións cruzadas.
Criterios de elaboración do menú no centro:
- Produtos de primeira calidade. Dispoñemos de produtos frescos, de tempada e de provedores locais (verduras, froitas, peixe, carnes). Empregamos en exclusiva aceites de oliva virxe extra e evitamos graxas hidroxenadas ou saturadas. Fariñas de espelta, garavanzo e pan de peso con elaboración lenta.
- Elaboración propia de todos os menús (croquetas, albóndegas, biscoitos, turróns, crema de cacao, pizza, marmeladas). Non existe ningún produto ultraprocesado.
- Emprego de arroces e pastas brancas e integrais alternando ao longo da semana.
- O peixe, carne, polo e pavo son sempre produtos frescos e algúns como os ovos, e a carne son tenreira galega ecolóxica.
- De forma habitual dispoñemos dun menú con dous días de peixe, un fileteado no centro e outro en guiso, un día de ovo, un día de tenreira/porco e outro día de polo/pavo.
- Existe a cantidade importante de verdura e froita no menú, así como legumes de media dúas veces á semana. Os guisos son elaborados con verduras e os potaxes non levan carnes nin graxas animais senón base de verduras evitando graxas innecesarias.
- A media mañá o alumnado dispón de froita durante catro días á semana e un día de leite e picos de pan artesán.